Paixón pola estupidez
Bob Dylan conta en Crónicas, o primeiro tomo da súa autobiografía, publicada en 2004 (e non saíron, vinte e dous anos despois, os outros dous volumes anunciados) os seus primeiros anos en Nova York, pobre de solemnidade, sen un can, e tocando onde podía por unha hamburguesa ou unha cama quente. Como tantos artistas no comezo, construíu a súa lenda na precariedade e na insistencia (ben, como tantos artistas dos de antes, agora vas a Operación Triunfo e listo). Un dos problemas máis gordos era onde durmir. Cunha prosa brillantísima que xustifica o Nobel, explica como vai chimpando de casa en casa ata que remata na dun amigo na que quedará moitos meses. O motivo? Ten unha enorme........
