Miopes voluntarios |
John Lennon estaba chosco perdido, pero por unha cuestión de coquetería non puña as gafas. Cando o fixo, en 1968, decidiu usar as que o Goberno británico entregaba de balde a todas as persoas que o precisasen (igualiño que en España, que deixamos media nómina cada vez que hai que cambiar de gafas). Puxo sobre o nariz aqueles lentes redondiños de avoa que, grazas ao uso que lles deu el, se convertiron en icónicas. Todos, nalgún intre da nosa vida, puxemos uns lentes deses para parecernos a John.
Que tomase esa decisión fixo que, nas súas palabras, «vivise a beatlemanía como algo borroso». En efecto, non era quen de ver, dende o escenario, nada do........