A bufanda de don Xesús

Nestes tempos de pensamento feble, de votalitidade absurda, de opinións moles coma manteiga da mala, a fe rexa na razón, no compromiso, na verdade, de Xesús Alonso Montero daba esperanza. Nesta época agre, onde os malos semellan gañar todas as partidas, onde a mediocridade se entroniza a base de discursos superficiais, a memoria ben armada, o argumento preciso, a palabra exacta, o dato fundamental nas verbas de Xesús alimentábanos obrigándonos a pensar que aínda era posible un mundo mellor, onde os xustos, os castigados da historia, tivesen aínda un papel de gloria.

Era enciclopédico. Non no senso banal de alguén de memoria incrible, que tamén. Era enciclopédico no senso ilustrado da........

© La Voz de Galicia