Estabamos sentadas no sofá da casa da miña nai. Estabamos apertadiñas, alí na sala de estar pequeniña, e eu pensaba que cando medramos alí as catro irmás nunca cuestionara o tamaño daquel sofá, nin o tamaño daquela sala, ou daquela mesa. E dou as grazas por ter crecido así. Pero a verdade é que cando dúas veces ao ano somos capaces de xuntarnos as catro irmás coas súas mulleres e maridos mais a seguinte xeración (composta........