Saber escribir |
Os principais informes internacionais que avalían as competencias educativas básicas, e en concreto a lingüística, como é o caso de PISA, céntranse sobre todo na comprensión lectora, que é a máis importante no ámbito académico e mesmo na vida ordinaria. Non obstante, destacan que escribir con frecuencia mellora moito a comprensión do que se le, pois obriga ao cerebro a estruturar ideas e revisar sintaxe.
Unha avaliación específica da competencia en escritura lévaa a cabo a Batería PROESC, centrada nos alumnos de 8 a 15 anos (3º de Primaria a 4º da ESO). En España, a nivel nacional e autonómico, contamos coas preceptivas Evaluaciones de Diagnóstico e a Evaluación General del Sistema Educativo, elaboradas polo Instituto Nacional de Evaluación Educativa. Estas........