Sempre tiven problemas de concentración. E o curioso é que isto non mellora co tempo. A piques de encetar os sesenta, sigo na mesma, sobre todo no verán, ateigado de incomodidades que só parecen amolarme a min.
Non lembro quen cifraba o inicio da vellez en certas manías que comezan aos corenta cando un se alarma por todo e que continúan cos cincuenta co desexo de prohibilo todo. A cousa seica se calma un pouco aos sesenta,........