Unha de polbo

Estou a rematar unha novela na que se coou unha peregrina alemá incapaz de probar unha tapa de polbo. O guía que a conduce acaba convidándoa a cear polbo á grella. A moza saborea o manxar e, ademais de namorarse do mozo, trata de describir o sabor, o tacto do cefalópodo rodando entre a lingua e o padal. Faino con orixinalidade e aquel primeiro cacho une os dous personaxes sentimentalmente dun modo romántico e fugaz. Non é unha invención deste autor de pensamento fervente, non. En realidade sucedeume nun tempo pasado polo cal o polbo, consumido en calquera das súas preparacións, forma parte do meu imaxinario sentimental e culinario máis arraigado. Imaxínense unir o prosaico polbo á paixón amorosa? A miña novela pérdese por eses carreiros.

Afirman os científicos que os polbos posúen unha intelixencia avanzada: pensan, aprenden, teñen un sistema nervioso complexo, unha vista excelente e son capaces de utilizar utensilios e........

© La Región