Nostradamus pode ter razón

Interpretar os 942 cuartetos publicados nos tres libros de “Predicións”, escritos no século XVI polo boticario Michel de Notredame, pode ser un divertido exercicio de imaxinación ou un terrorífico espello de realidades que desde entón se foron sucedendo con matemática precisión. Todo depende da boa vontade do descifrador. Se nos atemos ao versificado para as décadas presentes, Nostradamus pode ter razón. Este século XXI, para o cal nos propoñiamos vivir unha gran odisea do espazo e gozar da sociedade do lecer e a cultura universais, converteuse no planeta dos simios obtusos e suicidas. No 1555 o enigmático astrólogo Michel vaticinou para estes días a explosión da terceira guerra mundial, xestada desde o inicio da nova centuria. Atrévese vostede a poñer os sucesos que vivimos hoxe fronte ao espello da conxectura máxica?

Escribiu Michel de Nostradamus que Oriente e Occidente encerellaríanse nunha........

© La Región