De Begoña Caamaño a Neira Vilas |
Sen temor a errar poderiamos asegurar que o ano dás Letras Galegas conclúe no mes de Santiago ao tempo que a RAG publica o nome do personaxe que protagonizará o seguinte. Por tanto, a celebración de Begoña Caamaño finaliza nestes días para deixar paso á de Xosé Neira Vilas, dous creadores de literatura galega tan próximos que espanta pensar que só doce e dez anos encheron as súas ausencias sen que as xeracións que convivimos con eles sexamos capaces de asumir que xa pertencen á historia deste país e á súa cultura. O desconcerto empúxanos a mirar á distancia daquel ou deste día de copas e festas, a aquela cea ou ao percorrido por exposicións ou presentacións de libros, a esta inquietude ante un micrófono ou a ese paseo falando do divino e do humano, á crítica mordaz ou ao ruxerruxe benevolente, ao faladoiro ante as cámaras de televisión, ao pesar por un acontecemento ou a caída dun colega, a ese sorriso pícaro dela ou ao consello sabio del. A tantas vivencias........