menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Comemos e bebemos en galego?

10 2
15.12.2025

A pregunta vén a conto porque aínda hai moita xente que non é consciente da importancia que ten consumir produtos etiquetados en galego. O seu efecto nos mercados é dobre: apoiar e fomentar o uso da lingua galega nas marcas comerciais; a maiores, consumindo eses produtos, estariamos a facer viable as explotacións agroalimentarias e as súas industriais transformadoras.

Asi o expresaron o Foro E. Peinador e a Irmandade de Agroalimentarios e Adegueiros na Carta do Consumo Responsable e Solidario: “Cando eliximos os produtos a consumir, temos a opción de escoller aqueles que están a manter unha economía sostíble que xera riqueza, valor engadido e emprego de proximidade, ao tempo que axudan a manter viva unha cultura, unha lingua e unha forma de sermos”.

Xa que logo, temos un deber solidario e responsable. Solidario coas empresas e persoas emprendedoras que deron o paso arriscado de identificaren as súas ofertas etiquetándoas en galego, procurandolle ao noso idioma unha pervivencia........

© La Región