menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Cartas a meu pai

17 0
30.12.2025

Así titulei a libreta na que desde hai anos veño escribíndolle cartas póstumas de agradecemento a meu pai polas ensinanzas recibidas. Nelas relatolle lembranzas que vivimos xuntos cando aínda cativo andaba da súa man polos camiños de Mourigade, a nosa aldea. El cunha fouce nunha man e unha vara na outra íame dando explicacións sobre todo o que nos rodeaba. Tiña a sabedoría propia das xentes que viviron en contínuo diálogo coa natureza e tradicións das que aprenderon empìricos saberes.

A primeira lección que me deu foi ao pé dunha torada de carballos. Explicoume o significado da palabra cerna e o significado dos seus círculos concéntricos. Polo numero deles sabíase os anos que tiñan e pola súa delgadez ou grosor se os anos foran abondosos en chuvias ou secos. Con esa aprendizaxe fun feliz porque tamén eu podía dialogar coa natureza.

Foi el quen me puxo ao tanto da existencia de guerrilleiros antifranquista nos montes, nomeadamente de Benigno García Andrade, “O Foucellas”,o máis célebre,........

© La Región