Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián
Hai dous anos visitamos no seu domicilio ourensán ao doutor Carlos Guitián. Tiñamos mentes de facerlle unha entrevista. A súa saúde xa estaba quebrada e o resultado foi outro do previsto: apenas aproveitamos algunhas respostas, moi proveitosas, por certo, para aproximarmonos ao seu perfil biográfico
Carlos Guitián morreu con noventa e seis anos. A súa especialdidade médica foi a uroloxía. Moitos ourensáns recordan os seus acertados diagnósticos en tempos nos que a ciencia non acadara os graos de perfección que ten hoxe a expecialidade. Á consulta do doutor Guitián acudían pacientes dos pobos da provincia de Ourense, reenviados por médicos rurais con escasa formación para detectaren anomalías fisiolóxicas de difícil diagnóstico e tratamento, tal e como relata no seu libro “Enfermos pobres, médicos tristes”, o doutor Roberto Fernández Álvarez, cuxa lectura recomendo, ao persoal sanitario, pero tamén a todas as persoas que teñen interese pola historia da sanidade pública.
O doutor Carlos Guitián pertenceu por inclusión xeracional a unha élite médica que se deu en chamar Escola Médica Compostelana, constituída por catedráticos da Facultade de........
© La Región
visit website