En galego, afora e sempre, en Parada de Sil |
O próximo domingo día 19, ás 11.30 na igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil celebrarase outro acto máis de restauración da memoria lingüística promovido pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e o Concello. Homenaxearase ao veciño Xosé Campo falecido hai anos, substituíndo a súa lápida mortuoria escrita en castelán por outra en galego, idioma no que sempre se expresou en vida.
De todos é ben sabido que os epitafios da maioría das lápidas mortuorias nos cemiterios de Galicia están escritos en castelán, desvirtuando asi a identidade cultural galega. Restaurar esta anomalía cultural é unha tarefa urxente para que a lingua dos camposantos, que son espazos da memoria, estean en harmonía co idioma maioritario dos habitantes.
Este acto é a resposta do Concello de Parada de Sil ao compromiso asinado o pasado mes de novembro en Bande; unha convocatoria ben........