As memorias do doutor García-Sabell |
O acervo antropolóxico atesourado nas casas familiares para facer fronte as indisposicións da saúde era unha fonte inesgotables de saberes que me engaiolaban. Acudíase poucas veces ao médico. A variedade de produtos farmacéuticos que hoxe teñen as boticas, daquela eran mínimos.
Cando a presenza do médico era imprescindible, o recurso da palabra era terapia de sanación. Álvaro Cunqueiro escribiu fermosos relatos onde os curandeiros botaban man deste recurso. O doutor García Sabell fala do uso deste recursos no prólogo que lle escribiu a don Álvaro para unha das súas obras literarias máis representativa que xa abordara en 1963 no seu libro “Ensaios” co título de “Análise existencial do home galego enfermo”, cuxa lectura a min aínda hoxe proporcióname claves para entender as relacións patolóxicas coa nosa peculiar idiosincrasia.
Sobre esta particular visión médica das doenzas escribiu tamén varios ensaios un condiscípulo e amigo seu, Juan Rof Carballo. “Mito e realidade da Terra Nai”, foi o primeiro ensaio científico publicado en lingua galega en 1957. Aos doutores Rof Carballo e García-Sabell, segundo o decimonónico criterio establecido pola Real Academia Galega, nunca lles dedicarán un Día das Letras Galegas. Entender por letras........