O Dereito europeo destrúe o muro do lawfare español
O pronunciamento histórico do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) constitúe a máis brutal emenda á totalidade a respecto da arquitectura xudicial do Estado español dende o comezo do conflito catalán. Cando Luxemburgo dita, con claridade meridiana, que a lei de amnistía non vulnera un só milímetro do Dereito europeo, o que está a facer é desmontar de raíz a estratexia da sabotaxe institucional deseñada dende as terminais do españolismo. O TXUE non só valida a norma legal emanada do Congreso dos Deputados, senón que recoñece de xeito explícito a necesidade dunha restauración -ou sanación- política, para lle dar canle aos graves conflitos institucionais que xerou a represión xudicial española do procès. É dicir, recoñece a previa existencia dun lawfare de manual, como ten dito o profesor e avogado catalán Jaume Alonso-Cuevillas (UB). Este recoñecemento do cumio xudicial europeo pon o foco na incualificábel ofensiva xudicial que os líderes independentistas sufriron e seguen a sufrir a mans dun sector da maxistratura colleita polo activismo político do españolismo de dereitas.
A contundencia dos argumentos xurídicos do TXUE destruíu os tres grandes valados que o........
