menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Lugo ou a fraude á ética democrática

18 0
29.04.2026

Lugo vén de se converter no epicentro dunha fenda ética que transcende o local para se situar nunha dimensión sistémica. A moción de censura formalizada o 22-A non é un simple movemento de despachos, é un síntoma da pulsión máis regresiva do PPdeG, que chega ao goberno local alicerzado na ferida aberta dun transfuguismo que racha o contrato social entre o elector e o elixido.

A reacción cidadá deste venres 24-A na Praza Maior luguesa (a segunda demostración popular máis ateigada dende a Transición, cunhas 6.500 persoas) non foi un rito de despedida, senón un acto de rebeldía democrática. Nese taboleiro, o protagonismo de Rubén Arroxo e do BNG resultou indubidábel. Mentres o PSdeG-PSOE seica aparece nun plano secundario, minguado pola interinidade dunha alcaldía ferida de morte e o desgaste dunha crise interna que disque foi o caldo de cultivo da traizón, o BNG asumiu o liderado moral da rúa. Arroxo non só defende un goberno, senón que está a construír o seu relato para 2027, presentándose como o mellor referente fronte ese “golpe de man” dun PP que non........

© La Región