Gales 7-M: a Nación fronte ao abismo extremista
Na vindeira quinta, 7-M, a nación galesa non só celebra unhas eleccións ao seu Parlamento (Senedd), senón que se vai someter a un test existencial nun contexto de mutación institucional sen precedentes. Estas eleccións son as primeiras que se rexen pola reforma da Senedd Cymru Act, un movemento de profundización democrática que eleva o número de escanos de 60 a 96 (si, alí pensan que máis representación dedicada “full time” ao control da gobernanza e á translación das demandas cidadás beneficia á democracia e á economía do país) e que instaura un sistema de representación proporcional a medio do método D’Hondt en cadansúas 16 circunscricións que elixen cadanseus 6 representantes en candidaturas pechadas que han alternar de xeito obrigado homes e mulleres.
No taboleiro político concorren forzas en plena redefinición. O Welsh Labour, sucursal do laborismo que exerceu unha hexemonía case orgánica dende 1999, ano no que comezou funcionar o autogoberno obxecto da “devolution” ratificada en referéndum, preséntase hoxe como unha estrutura esgotada, minguada por unha xestión errática e polo colapso dos servizos públicos. Pola súa banda, a filial galesa dos........
