menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A propiedade en mán común como vangarda da Galicia sustentábel

7 0
06.06.2026

A propiedade en man común é unha moi potente ferramenta de loita contra a tripla crise -climática, enerxética e demográfica- que sinala o noso tempo. En Galicia e Portugal, as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC; 650.000 ha., máis do 20% da superficie deste país) e os “baldíos” lusos (500.000 ha. no norte e centro do país irmán) non son simples propiedades colectivas ou reminiscencias medievais, senón que constitúen columna vertebral da nosa soberanía territorial e a expresión máis depurada dun patriotismo cívico, moderno e ecolóxico. Fronte ao modelo espoliador do capitalismo de casino, que concibe o rural como un espazo baleiro e destinado ao sacrificio, susceptíbel de ser colonizado por multinacionais foráneas, a titularidade veciñal vinculada á “casa aberta” mantén vivo o cordón umbilical entre o pobo e a súa terra. A propiedade en man común nin se vende, nin se divide nin se embarga: é a herdanza inalienábel das xeracións vindeiras, o corazón da nosa identidade colectiva. Blackrock ou Monsanto non poden adquirir estes bens mancomunados.

Porén, este patrimonio inmenso atópase historicamente a por un corsé lexislativo que non está axeitado aos tempos actuais. A Lei de Montes Veciñais en Man Común de 1989 (LMVMC) e as súas sucesivas reformas foron........

© La Región