Identidade e matriz estranxeira, segundo Jesús Costa

Unha exploración do concepto de forasteiro, persoa que vive en terra allea á súa natal, presenta na galería de arte DodoDadá o autor desta mostra, que firma Costa como Jesús, non Xesús, diminutivo ou apócope... Así consta sempre na súa biografía, que nos leva aos seus traballos para a compañía ourensá de teatro Sarabela dende os anos oitenta, empresa na que participa facendo máscaras en diversas producións, caso de “Xacobe ou a sumisión”, de Ionesco, 1989; A gata con botas de Perrault, 2004, ou Sexismunda, 2001, baseada en Calderón de la Barca, adaptación singular dende a perspectiva de xénero, con dramaturxia de Ánxeles Cuña, Fina Calleja e Begoña Muñoz. E intervén tamén na realización da escenografía e atrezzo das obras de Blanco Amor, A Esmorga, 1996, e Romance de Micomicón e Adhelada, 1999, que adapta e........

© La Región