A paisaxe, expresión de identidade e memoria

Ha Long áchase no amplo golfo de Tonkin, preto da China. Este foi o escenario natural da historia de amor dos actores protagonistas Catherine Deneuve e Vicent Perez na película Indochina, dirixida por Wargnier en 1992. O lugar foi declarado un par de anos despois Patrimonio da Humanidade pola Unesco, clasificación ampliada no 2000, sendo considerado como unha das sete marabillas naturais do mundo en 2011, converténdose esta paraxe do nordeste de Vietnam nun dos maiores centros turísticos do país, e un referente mundial de natureza sostible. Alí estivo Santi Barreiros (Ourense, 1950) e fixo varias fotos, unha das cales escolleuna para unha micro mostra, “A mar en movemento”, no CHOU, unha exposición inaugurada fai un tempo inicialmente na área oncolóxica, fotos recolocadas na procura dunha maior visibilidade. É un darlle o plus de........

© La Región