Unha esmorga á italiana

Le città di pianura”, traducido moi libremente en español como “La última ronda en Venecia” é a segunda longametraxe de Francesco Sossai, un cineasta e guionista italiano formado en Alemania. O filme estreouse na sección “Un certain regard” do Festival de Cannes de 2025 ademais de arrasar nos premios David de Donatello –os Goya italianos– levando oito galardóns e deixando sorprendentemente sen premios a outras boas películas da mesma tempada cinematográfica como “La grazia” de Paolo Sorrentino ou “Duse” de Pietro Marcello.

“La última ronda en Venecia” é unha comedia agridoce que bebe da tradición da comedia picaresca e traxicómica de directores como Mario Monicelli ou Dino Risi, especialmente de clásicos da comedia a la italiana como “Habitación para cuatro” (1975) ou “La escapada” (1962). Pero tamén con evidentes........

© La Región