Regravando os confíns do mundo |
Algo que comparten o cineasta filipino Lav Díaz e o portugués Magallanes é sen dubida a obstinación. O primeiro, autor de máis de 50 películas, está moi ancorado na súa inamovible forma de entender o cinema: un estilo contemplativo moi lonxe das lóxicas das convencións comerciais, e fixado en temas relacionados coa memoria histórica de Filipinas. Por outro lado, Magallanes, agarrado durante boa parte da súa vida a unha viaxe obstinada, capitán dunha expedición que cambiou o noso concepto de entender o mundo.
Estreada no último Festival de Cannes e chegada as salas de cinema en España hai dúas semanas, a película “Magallanes” de Lav Díaz, protagonizada por Gael García Bernal, é unha epopea que desmonta o mito do explorador heroico movido por unha ilusión. Afastase da figura do navegador romántico descrita na........