O “pastiche” de Benposta
Chegou á plataforma de Amazon Prime Video a docuserie El circo de los muchachos dirixida por León Siminiani e producida por Vaca Films. 5 capítulos que pretenden narrar o auxe e a caída da utopía do Padre Silva. Benposta, unha cidade e un circo, un proxecto nacidos na cabeza do cura ourensán despois de recibir unha iluminación no antigo Cine Xesteira vendo ao padre Flanagan interpretado por Spencer Tracy. Unha idea que recibiu o apoio incondicional da súa nai e que medrou grazas aos contactos que tiña a súa familia no mundo circense. Grafismos, collages, animacións, material dun impresionante arquivo de máis de 2.000 horas de gravacións – algunhas procedentes do almacén de La Región e Telemiño - , unhas 800 horas de entrevistas xunto con diferentes narradores, conforman este “pastiche audiovisual”: un reflexo máis desta gran e bizarra aventura.
El circo de los muchachos é unha serie........
© La Región
visit website