O nacemento dun supervillano
Dentro da cantidade enorme de estreas de series que estamos a vivir, ultimamente poucas destacan verdadeiramente. Entre as distintas plataformas dixitais, HBO Max é a que segue ofrecendo un contido máis limitado, pero máis variado e intrigante: as súas estreas de ficción case nunca deixan indiferente. É o caso, por exemplo, da sorprendente serie El Pingüino, inspirada no supervillano de DC Comics creado por Bob Kane e Bill Finger. Lembramos a personaxe interpretada por Burgess Meredith na colorada serie televisiva sesenteira Batman, ademais da encarnación de Robin Lord Taylor nun Pingüiño/Oswlald aínda mozo en Gotham, mentres o actor Danny DeVito en Batman Returns (1992) de Tim Burton regalounos unha versión caricatural e grotesca da personaxe co sombreiro de copa.
Tampouco botamos de menos que durante os oito capítulos da serie non apareza o Cabaleiro Escuro e que........
© La Región
visit website