Bird: o cine de poesía de Arnold
Andrea Arnold é unha referente do cine británico, e unha das cineastas máis interesantes da escena europea e internacional independente dos últimos trinta anos. Non ten moitas longametraxes na súa filmografía, pero a chegada dunha súa película ao cine hai que celebrala como merece. Xa o seu debut - Red Road (2006) - deixaba claro que estábamos diante dun gran talento que, na época, chegou a compararse con autores recoñecidos como Lars Von Trier e Michael Haneke. Uns referentes que, quizais, poden compartir con ela unha actitude inconformista, pero que, como sensibilidade atópanse moi lonxe. Arnold non ten unha mirada fría e cerebral, as súas historias transmiten unha afectividade, unha empatía instintiva e visceral cos seus personaxes. Con Fish Tank (2009) e American Honey – ambas Premio do Xurado no........
© La Región
visit website