A “odisea” de Nolan
Ulises tardou 10 años loitando na guerra de Troia e outros 10 pelexando contra ventos e mareas antes de regresar a Ítaca. Nolan demorou algúns máis para chegar a realizar a súa “Odisea”, un proxecto co que soñaba desde a adolescencia. “La odisea” é unha película ambiciosa, a máis cara de toda a filmografía do cineasta. Nolan conseguiu rodala enteiramente en IMAX e 70mm. Un filme longo 17 kilómetros e que pesa 260 quilos, aínda que non hai ningún cine de España que a proxecte no seu formato orixinal.
A “Odisea” de Homero, escrita hai máis de 3.000 anos, é un dos pilares da narrativa occidental. Christopher Nolan, ademais de quedar capturado polo obra desde mozo, deuse conta que levaba anos contando esta historia en todas as súas películas. O regreso ao fogar é un dos elementos fundamentais de “Interstellar” (2014) ou “Origen” (2010) pero tamén está presente en “Dunkerque” (2017), “Tenet” (2020) ou na triloxía de Batman. A súa forma de contar non lineal tamén ven directamente da “Odisea”, que ten unha........
