A caída da monarquía

Estreouse nos cinemas o filme de Gianluca Jodice, “Los últimos días de María Antonieta”, inspirado nos diarios de Jean Baptiste Cléry, o camarlengo que obtivo o permiso para acompañar a familia real francesa durante o seu cativerio no 1792. O guionista Filippo Gravino xunto co director, baséanse fielmente nestas memorias, aínda que reelaboran libremente os diálogos e algunhas dinámicas internas ao encarceramento.

Lonxe do esplendor, dos privilexios e das riquezas, a familia real francesa atópase nesta película illada e vulnerable por primeira vez nas súas vidas. O filme ofrece o punto de vista cotiá dos ex soberanos francés e a súas conversións desde ‘‘deuses’’ a cidadáns comúns. O filme divídese en tres actos: ‘‘os deuses’’, ‘‘os homes’’ e ‘‘os mortos’’.

Ao longo de tres capítulos evidenciase o declive da familia real. Mentres o diario céntranse só nas actividades da rutina diaria, a mirada do director, ademais destes acontecementos, está na procura dunha metafísica e dun sentido máis profundo. A fotografía e os diálogos entre a familia real e os revolucionarios mostran esa finalidade. Neste sentido entrevese un intento por parte do director de humanizar os reais. A familia real está retrata........

© La Región