Valentín Lamas Carvajal (OU, 1849-1906) |
Ourense homenaxea a Lamas Carvajal, promotor do primeiro xornal galego” está na portada de La Región do mércores 14. Xa chamara a miña atención o titular de “La Región” do 19 de decembro do 2023: “Reivindican unha homenaxe para Lamas Carvajal en 2024”. E abundaba a información, no senso que personalidades da cultura lembran ao escritor ourensán que promove “O Tío Marcos d´a Portela”. Para min resulta ser un home non só de extraordinaria valía, senón tamén cunha grande capacidade de superación diante das adversidades na súa vida. Foi orfo de pai con dous anos, cando súa nai tiña dezasete anos; e quedou cego con vinte e poucos anos, o que non lle permitiu rematar a carreira de medicina. A figura literaria e xornalística, de Valentín Lamas Carvajal, é coincidente ca afirmación de Monxardín: “É curioso que teña en Ourense unha rúa e unha estatua, pero non hai ningún outro proxecto ao seu nome”. Cando, entre outros traballos, o “Catecismo do........