Historia do G.E.A., a miña oportunidade
Son moitas as ocasións que, cando un volve “a vista atrás” e reflexiona sobre determinadas vivencias, adoita facer análise e dase conta como xurdiron as oportunidades na súa vida, para chegar a onde chegou, fora pouco ou moito, ou o previsto. E de paso pensar dos momentos de entusiasmo e ledicias… As penurias habidas xa veñen soas ao recordo, e mellor non volvelas a vivir. Hai casualidades que, trascendendo o tempo, resultan verdadeiras historias reales. Por elo digo que “La historia es más imaginativa que los hombres”, que non é só unha afirmación poética ou filosófica, senón que con frecuencia a historia constrúese con feitos, a veces accidentais, pero que resultan crear unha realidade.
A oportunidade real para min foi o G.E.A (Grupo de Empresas Álvarez), resultando oportuno resaltalo neste tempo. Así é, pois cando en outubro de 1964 a miña nai decide pór terra por medio, como moitos veciños daquela, e arrampar -vaia trauma- con dous fillos e a sogra, para Vigo, fumos a vivir -non foi casual- a un barrio........
