Barriga cervexeira
O titular tamén podería ser “Ten ben onde levalas”. No verán, estando na praia, é cando máis salta á vista e nos fixamos na fisionomía anatómica dos nosos semellantes: se fisionomía fina, esvelto ou esvelta, se obesa…; incluso cheguei a oír un “redios! que mal feito está!” Aínda que o comentario non é baladí, tampouco se pode trivializar. Fronte á situación estética existe outra máis grave: a saúde. Hai veces que visualizamos situacións que nos dan as certezas dos motivos, ou polo menos sospeitas. E tal afirmación deuse recentemente dos areais de Baltar (Portonovo), uns dos meus favoritos, xa que é o único areal urbano da ría de Pontevedra que conserva un sistema dunar. Aquí coincidimos xente, dende coñecida á que non coñeces tanto ou nada. Ármanse grupiños e, estando nun deles, opinando do Mundial de fútbol, divisamos, a uns metros un home corentón ben orondo -todo sexa dito- dotado dunha barriga prominente e portando unha caña de cervexa en cada man, en vasos de plástico. Facía xogos de equilibrio corporal para chegar ao destino sen derramar cervexa, cando oíuse unha voz:........
