O mendigo |
A cousa está moitísimo peor do que pensaba. O outro día, achegouse a ofrecerme traballo un mendigo. Tres mil euros ao mes, díxome, e por riba era certo, coma tamén era certo o que eu gaño. Acababa de sentarme na terraza dun chiringuito nunha cala de Ibiza. Deses que xa quedan moi poucos porque se podía pagar. Catro ou cinco mesas de plástico plantadas sobre a area. Pedín algo de beber e púxenme a mirar o mar, como se non tivese nada mellor que facer, ou como se na vida non existise nada mellor que facer. Non tiña ningunha pinta de andar buscando emprego.
O mendigo podía ter oitenta anos, pero tamén cento oitenta. Tiña a cara abrasada polo sol e os ollos enterrados en engurras, como un Shar Pei. Viume dende lonxe, ou me cheirou, e comezou a camiñar cara á miña mesa arrastrando os pés descalzos sobre a area. Vestía un bañador que debeu ser azul, e unha camiseta que algunha vez........