A vida a anacos
Queixábase o meu amigo Mariano do que ían contar del os seus netos cando morrese. Supoñendo que chegase a telos, cousa moi pouco probable. Imaxinaba que dirían que foi un señor que sempre estaba nun bar tomando unha caña. Contábao, de feito, sentado nun bar tomando unha caña. E xusto despois de que lle falara do último noivo da miña avoa, que resultou ser un ferrolán supervivente da batalla de Dien Bien Phu.
O home contaba que sobrevivira grazas a rematar ferido no primeiro disparo. Ao parecer estaba xogando ás cartas nunha tenda de campaña, e un obús de fabricación soviética entrou pola porta. Acabou tirado no chan, rodeado de cadáveres, e convencido de que non sufrira nin un arañazo. Cando se puxo de pé para dar o primeiro........
