Don Ramón Otero Pedrayo, arquitecto da Galicia contemporánea |
Atopámonos nun momento excepcional para a nosa cultura, desde que o pasado 17 de decembro todos os grupos políticos representados na Cámara galega subscribiron, por unanimidade, unha declaración institucional que declaraba o ano 2026 como Ano Oteriano, para conmemorar o 50 aniversario do pasamento de Don Ramón Otero Pedrayo e o centenario da súa mítica Guía de Galicia, obra admirable e non superada aínda pola súa visión da paisaxe.
Como presidente do Parlamento e como ourensán, atrévome a dicir que foi un día histórico, onde todos e todas acordamos arredor da figura de Don Ramón.
É o recoñecemento xusto dun país que tanto lle debe ao seu Patriarca, a quen foi, sen ningunha dúbida, unha figura clave que soubo vincular o galeguismo coa defensa dunha cultura universal desde a súa amada Trasalba.
Foi o maxisterio de Otero Pedrayo e o de tantos outros galeguistas o que serviu de alicerce para edificar a Galicia actual, e continúa servindo de inspiración para cantos nos esforzamos en avanzar na procura dunha Galicia........