Tendo Galiza todas as características dunha nacionalidade, nós nomeamonos dende hoxe pra sempre nacionalistas galegos, xa que a verba “rexionalismo” non recolle todas as aspiracións nen encerra a intensidade dos nosos problemas”. Este era o limiar do Manifesto Nacionalista de Lugo, da asemblea que se realizou os días 17-18 de novembro de 1918, hai máis dun século.
As Irmandades da Fala foron as que convocaron esta reunión. Entre os promotores estaban Antón Villar Ponte, Lugrís Freire, Uxío Carré Aldao e Florencio Baamonde. Aínda que a iniciativa foi de Aurelio Ribalta a convocatoria concretouse por Antón Villar Ponte. O evento produciuse nun contexto de gran axitación campesiña na Galiza por mor da loita contra os foros e o caciquismo, tamén obreira (lembremos a folga xeral de 1917) e o ascenso das reivindicacións nacionalistas no Estado que deron lugar á Mancomunidade de Cataluña, aceptada por Eduardo Dato e asinada polo Rei en 1913. No ámbito exterior hai que lembrar o levantamento de Pascua en Irlanda (abril 1916) e a Revolución Rusa (outubro 1917).
A Asemblea asistiron 60 persoas representando ás 17 Irmandades de toda Galiza, e 700 afiliados/as. Entre os presentes había unha enorme pluralidade: Losada Diéguez, Viqueira, Risco, Castelao, Quintanilla, Cabanillas, Peña Novo, Blanco Torres... A reunión significou un pulo organizativo, xa que se artella unha estrutura federativa coas irmandades locais, e un Directorio formado polos presidentes das asociacións. Xurde deste xeito unha organización de ámbito galego, que asume un programa común e un voceiro nacional: A Nosa Terra. Non é un partido porque non rexeita a militancia noutras forzas políticas e as agrupacións manteñen unha grande autonomía.
O Manifesto da Asemblea Nacionalista de 1918 esixía unha autonomía integral pra Galiza, o ingreso na Sociedade de Nacións, e propuña iniciativas pra unha federación con Portugal. Pretendía crear un “Poder Autónomo” (en realidade federal), constituído por un Xuntoiro ou Parlamento Galego, elixido por sufraxio universal e representación proporcional, e supresión das deputacións provinciais. O nomeamento dunha Xunta Governadora que tería que exercer o Poder Executivo, composta dun Presidente e seis secretarios. Igualdade de dereitos pra muller.
Algunhas das competencias exclusivas da Galiza eran as seguintes:
Réxime tributario propio, sen intervención do poder central. Lexislación social nas competencias que se estimen non exclusivas do Estado. Toda a potestade docente. Administración dos carrís de ferro. Fixación do cupo de forzas que se estimen necesarias pra garantir a orde interna do país. Control da política económica, incluídos os bancos. Sustentatividades do dereito foral galego. Recuperación por parte do povo dos montes comunais.
Estas propostas eran moi avanzadas para o seu tempo. O manifesto será asinado por todos os representantes das Irmandades presentes na xuntanza, aos que se sumaron delegacións de 67 sociedades agrarias, así como cinco centros culturais; enviando a súa adhesión cinco federacións agrarias, once cámaras municipais, máis de corenta e nove asociacións e numerosísimas personalidades da Galiza. Foi polo tanto unha reunión representativa da sociedade galega.
Na Asemblea de Lugo puxeron os piares programáticos e organizativos aos que posteriormente as Irmandades deron pulo. Entre os que foi fundamental a auto-organización do povo galego a todos os niveis. A asemblea puxo os alicerces que permitiron a rápida expansión do Partido Galeguista na década dos trinta, e a rica actividade creativa que se desenvolveu, ademais de no ámbito político, en moitos máis eidos (literatura, historia, Lingüística, etnografía, etc).
Tendo Galiza todas as características dunha nacionalidade, nós nomeamonos dende hoxe pra sempre nacionalistas galegos, xa que a verba “rexionalismo” non recolle todas as aspiracións nen encerra a intensidade dos nosos problemas”. Este era o limiar do Manifesto Nacionalista de Lugo, da asemblea que se realizou os días 17-18 de novembro de 1918, hai máis dun século.
As Irmandades da Fala foron as que convocaron esta reunión. Entre os promotores estaban Antón Villar Ponte, Lugrís Freire, Uxío Carré Aldao e Florencio Baamonde. Aínda que a iniciativa foi de Aurelio Ribalta a convocatoria concretouse por Antón Villar Ponte. O evento produciuse nun contexto de gran axitación campesiña na Galiza por mor da loita contra os foros e o caciquismo, tamén obreira (lembremos a folga xeral de 1917) e o ascenso das reivindicacións nacionalistas no Estado que deron lugar á Mancomunidade de Cataluña, aceptada por Eduardo Dato e........