Gaza, medio ano de masacre e destrución
Xa hai máis de medio ano que o exército israelí está masacrando ao povo palestino, especialmente en Gaza. Moitos analistas, partidos e países o cualifican como un xenocidio, tendo en consideración que van máis de 33 mil persoas mortas (un 70% mulleres e nenos/as) e 75 mil feridas, 1,9 millóns de desprazados, pra un total de 2,4 millóns de habitantes. Agora ben, tampouco se pode obviar que en Cisxordania, que non está en guerra, durante este período os colonos israelís mataron e feriron a centos de palestinos e expulsáronos a moreas; e son uns 5 mil os detidos desde o 7 de outubro.
Segundo unha análise do Banco Mundial o PIB da Franxa de Gaza caeu un 86%, ou sexa, a situación económica é dramática, e a axuda exterior mínima xa que está atrancada en gran medida pola ocupación do exército israelí (Israel rexeitou a entrada dun 30% da axuda humanitaria no norte de Gaza). Desmentindo na práctica, diante da protesta........
© La Región
visit website