Autoorganización e eleccións europeas


Cando un país é pequeno, como son a maioría, por máis rico que sexa, se leva séculos xogando un papel subordinado, colonial (como afirmaba a revolución de 1846), como é caso da Galiza, as consecuencias son negativas en termos de emprego e salarios. Esta evolución concretase nunha alta taxa de paro e precariedade, a perda de peso demográfico, e pola caída da natalidade por razóns económicas e a forte emigración da mocidade (ao que se engade a saída de riqueza por máis que se disfrace de investimento externo). Pra facer fronte a esta situación subalterna a autoorganización do povo galego é fundamental, básica. Sen dúbida tamén hai experiencias positivas, como negalo, mais son minoritarias e conxunturais, e a excepción non fai a regra; como amosa a nosa participación no PIB e no emprego respecto do Estado español, estancado desde hai décadas.

É vidente que cando governan as forzas de esquerda, en institucións como a Unión........

© La Región