A soberanía é unha cuestión central
O Día da Patria Galega, ou Día Nacional de Galiza, vaise celebrar máis unha vez o 25 de xullo por practicamente todas as forzas políticas que teñen presenza no país con manifestacións e actos. Non sempre asumindo a data, pra algunhas só se trata de cumprir unha formalidade. Tamén haberá forzas da ultradereita españolista, como Vox, que amosaran seu rexeitamento, xa que negan nacionalidade galega (que figura no Estatuto), e ignoran a longa historia do noso povo, e a singularidade cultural e lingüística; quixeran que se eliminase o Estado das Autonomías, malia que só se trata dunha descentralización dalgunhas competencias do Estado moi limitadas.
Faltará unha proposta intermedia pra esta etapa? Unha proposta que vincule o obxectivo estratéxico coa correlación de forzas e o estado de animo do povo galego neste momento histórico (ou sexa que ligue o estratéxico coas reivindicacións básicas deste momento tan complexo e de esgotamento do sistema capitalista).
Entre esta postura negacionista das forzas da ultradereita española, e a histórica loita do nacionalismo galego a prol da........
© La Región
visit website