Os esquemas repítensee nas eleccións galegaso PP di que estes comicios son para estar a favor ou en contra do malvado Sánchez. Moi pouco ten que contar o sr. Rueda da súa xestióne da do seu partido dende hai case catorce anos. Parece que nesta terra non hai problemas que salientar nin reivindicacións que estean á espera. No noroeste, e máis concretamente nesta provincia do interior galaico, tampouco hai nada que dicir da situación nin do que se fixo en catro mandatos cando Rueda era o segundo de abordo dos populares. Os problemas desta terra non importan ren. Por iso hai que falar doutras cousas e doutras xentes. Hai que desviar á atención traendo a colación o que non nos importa. Esa é a táctica política que lle convén aos partidos con sede en Madrid. Política perversa e mala para Galicia. Todo hai que centralo en machacar ó desquiciado presidente do Goberno e magnificar os seus desacertos. Todo hai que centralo no “España se rompe” e nun feixe de frases manidasque repetidas moitas veces axudan a desviar o obxectivo destas eleccións. Mais estas eleccións son para solventar os problemas desta terra, son para render contas do que se fixo nun período de tempo e para marcar a liña do que se fará nosvindeiros catro anos.

Non sei se os galegos lembran que Feijóo dixoen diversos mandatos que o rural e os seus problemas terían preferencia nas políticas da Xunta. E claro, como os anos pasan e as realidades son moi tercas, o rural segue a esmorecer. Tampouco se fala nada da caída da poboación, da pérdida de servizos básicos na sanidade nas cidades e vilas. Mentres, con toda a intención, agóchase que Galicia, e sobor de todo Ourense como provincia, é unha das maiores produtoras de enerxía eléctrica de todo o Estado. E digo eu: válenos de algo? Non. E quen reivindica esa riqueza para que reverta na provincia? Pois que se saiba soamente o fai un grupo.

Vivimos no tempo da táctica do despiste. Estratexia que os partidos con sé na capital do reino empregan a posta. Buscando unha comparanza, a campaña galega comenza a semellarse a unha revista rosa con pinceladas de pequenas cousiñas. Pequenas novas que nos venden como agasallos para engaiolarnos. Agasallos para entreter ó persoal e para que pique e discuta no bar. Mentres tanto, os grandes asuntos como o da produción eléctrica e outros pospóñense sen data para que morran no esquecemento, pois convén que a Galiza sumisa camiñe dentro dun conservadurismo que non ofrece ren. Mellor, que só oferta continuidade e silencio, que só oferta agochar as novas dende San Caetano nunha tele que semella que só naceu para falar de festas e comerotas. Algo semellante ó que fai Jácome en Ourense: organizas festas chocalleiras. E o máis triste do asunto, o que máis manca, é que as xentes do rural, que son as que máis problemas estruturais arrastran e peor viven,son as que máis votos aportan para que nada cambie nesta terra.

Non sei que acontecerá nestas eleccións do 18F. Non sei se a fría e moi pouco empática presencia do sr. Rueda será capaz de manter esa cómoda maioría que lle deixouFeijóo. Con todo, espero que alomenos alguén fale dos problemas reais desta Galiza onde todo está por chegar, máis nunca chega. Esta terra que ten un potencial moi importante e un gran futuro por diante, maishoxe gran parte dela está en ermo. En fin,compre quen fale dos problemas desta terra e que oferte algo novo e distinto. De momento soamente hai unha forza que, con maior ou menor acerto, tenta facelo. Espabilemos, e ademais de vivir e actuar como galegos, poñamos tino e esixencia para que se afronten os asuntos que nos interesan como nacionalidade histórica que somos e, á hora de votar, reflexionemos e actuemos en consecuencia, pois estas eleccións son as galegas.

QOSHE - Quen fala dos problemas desta terra? - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Quen fala dos problemas desta terra?

6 0
24.01.2024

Os esquemas repítensee nas eleccións galegaso PP di que estes comicios son para estar a favor ou en contra do malvado Sánchez. Moi pouco ten que contar o sr. Rueda da súa xestióne da do seu partido dende hai case catorce anos. Parece que nesta terra non hai problemas que salientar nin reivindicacións que estean á espera. No noroeste, e máis concretamente nesta provincia do interior galaico, tampouco hai nada que dicir da situación nin do que se fixo en catro mandatos cando Rueda era o segundo de abordo dos populares. Os problemas desta terra non importan ren. Por iso hai que falar doutras cousas e doutras xentes. Hai que desviar á atención traendo a colación o que non nos importa. Esa é a táctica política que lle convén aos partidos con sede en Madrid. Política perversa e mala para Galicia. Todo hai que centralo en machacar ó desquiciado presidente do Goberno e magnificar os seus desacertos. Todo hai que centralo no........

© La Región


Get it on Google Play