Raíz e alma do Carballiño

Era día de feira no Carballiño. Os cinco de Santiago fomos no coche de Ramón Lois, liboriano da vigorosa peña local e natural de Dacón. Espéranos o mergullo frondoso no Arenteiro, pero sen mollarnos: balneario, museo do papel, piscifactoría e muíño das lousas. Logo de invadir o espazo das fontes termais, baixamos ao río, xeneroso en auga e fervenzas. Polo paseo cruzámonos con algún andarín e con Xoel Méndez, que ten na man o libro-folleto “Cociñas e cociñeiras memorables do Ribeiro-Carballiño”, unha publicación na que el asina o entrante e onde di: “Unha mesa posta é un lenzo, un fresco do seu tempo”. Polas súas páxinas arrecenden o polbo, a richada, a pataca dos pobres, as anguías fritidas, as sopas de burro canso…

Manuel María, poeta da Terra Chá, fixo a canción da pena dos namorados que “está decindo que o amor /........

© La Región