Na casa do artista, no Ribeiro do Avia |
Pasei o Entroido nunha antiga casa do Ribeiro do Avia, o Avon shakesperián que Cunqueiro quixo situar entre viñedos de Leiro e Beade, na proximidade de Ribadavia, a Praga que Risco entreveu dende a Ponte do Burgo. Polo Ribeiro do Avia e do Miño as mimosas pintan, dende os vales dos ríos ás leves alturas das bocarribeiras, a paisaxe da comarca. Unha paisaxe donde o monte agreste das sobreiras e amorodos, do raposo e o porco bravo, deixa paso á colonizadora e civilizada cultura do viño, a cartografía xeométrica dos viñedos, as ringleiras de postes galvanizados e kilómetros de cable de aceiro que suxeitan en espaldeira as cepas aínda novas. Aquí e alá xurden as adegas de cubos blancos racionalistas en contraste co........