A grandeza dos líderes
Ruxía el e ruxíanlle os dentes. Estaba acovardado por aquel ruído e aquel tremor do seu corpo enteiro, dende a cabeza ata a mesma punta dos pés. Ao parecer o tremor era máis intenso na súa parte dereita, na perna dereita, no brazo e no ombreiro da dereita, na orella dereita e no corazón, aínda que está centrado (ou descentrado) á esquerda. Alí está o corazón dos vivos, agardando que a soidade vaia pasando e saudando, sen sacudidas bruscas e dolorosas.
A humanidade está tremendo e moi asustada polo que poida pasar. Está desorganizada e escravizada, ás ordes dos escravos do poder, do poder único, do que........
