Inmigración: investir en supervivencia

Andamos metidos no debate sobre a saída que se lles ha de dar aos menores estranxeiros que chegan sos a España. Tamén sobre o dereito á regularización dos indocumentados foráneos na procura dunha vida digna: africanos, latinoamericanos, da Europa oriental ou de Asia, que se lanzan á durísima aventura de deixar a sua terra na procura de futuro, que algún nunca logran e a outros cústalles sangue, suor e bágoas (e o pouco diñeiro que poidan ter). É un fenómeno que excede ao Estado español, pero que debemos afrontar aínda que non queiramos.

Á complexidade da cuestión únese a propensión natural das autoridades a escurrir o bulto e mirar para outro lado ou,........

© La Región