Per (in) saecula saeculorum
Contáranlle había tempo aquela historia que mesturaba a ledicia coa tristura; un episodio humano que evolucionara dende a paixón até o desamor. Para Solovio foi o relato dunha viaxe vital que principiara coma un itinerario cara o futuro pero que rematara nun sinistro total que nunca cubriu o seguro.
Durante todo aquel tempo, o home aprendera que o silencio é un atributo humano dotado de vida propia xa que, ás veces, móvese cun ritmo que resulta enxordecedor mentres que outras fica petrificado para toda a eternidade. Nunhas ocasións outorga razóns docemente e noutras impón, autoritario, condutas nin desexadas, nin agardadas. Emporiso, a esa altura da súa vida, el tiña claro que aquela muller fora das que fixeran niño na súa historia e que as pegadas fondas que lle deixara ficaran eternamente tatuadas no seu corazón cunha lenda viva: per (in) saecula saeculorum, amén.
Por tal motivo, a liberdade convertérase........
© La Región
visit website