menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Peor para o sol

4 0
30.11.2024

Sentado ó pé daquel cruceiro de pedra galega desgastada polo discorrer ineludíbel do tempo e a acción autoritaria da climatoloxía, Solovio gozaba do espectáculo que lle ofrecía o solpor ribeirán sempre que acudía, en santa peregrinación, a observalo dende aquel Miradoiro do Calvario. Dende este promontorio privilexiado, un dos seus lugares máxicos, o home adoitaba esculcar moi polo miúdo o ceo mentres gorentaba unha copa de Ribeiro. Procuraba eses momentos nos que vivir unha intimidade que mesturase o repouso, a reflexión e a contemplación inquisidora; eran intres que buscaba acotío para comprobar como o sol, pouco a pouco e sen dar mostras de sufrir agonía, semellaba morrer, un día si e outro tamén, engulipado pola mesma esperanza que el, solidario, tentaba albiscar naquel horizonte que se lle presentaba diante dos seus ollos de alma libre e errante.

Sempre defendín que as persoas........

© La Región


Get it on Google Play