menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Os optimates

3 0
06.09.2024

No século I denantes de Xesucristo, o senador romano Marco Tulio Cicerón, un claro exemplo do que significaba o concepto do vir bonus ou home virtuoso, xogouse en máis dunha ocasión tanto a vida coma as súas propiedades por mor de defende-la tradición romana da República fronte ós intentos ditatoriais que xurdiron na súa época. E fíxoo sempre ó seu xeito e coas ferramentas que dominaba; isto é, poñendo en valor o poder, daquelas xa case debilitado, da palabra. Consonte a isto, como experto orador que foi, Cicerón pronunciou algúns dos seus mellores discursos no centro político da cidade, ben no foro romano fronte á plebe ou ben na tribuna do Senado diante dos patricios, nos que lanzou diatribas contra aqueles criminais de estado que, coma foi o caso do popular Catilina, manobraban por se facer co poder absoluto da capital política, económica e militar do mundo. “Quousque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?”.

Consonte a isto, como experto orador que foi, Cicerón pronunciou........

© La Región


Get it on Google Play