Néboas ourensás
Paseaba “copa en ristre” pola finca das Searas en Leiro. Para el, era un exercicio de relaxación agradábel que tornaba en recurso imprescindíbel cando precisaba dun nivel de máxima esixencia no proceso de produción creativa. Aquela mañá, coma un cabaleiro Perceval que escolle polo miúdo os argumentos cos que defenderá, ante o Rei Artur, unha nova saída na procura do Santo Graal, Solovio articulaba mentalmente un texto e para iso, con cada paso, tecía unha rede discursiva que ligaba unha ca outra tódalas palabras que asaltaban ó seu maxín. Buscaba construír unha alegación patriótica cultural que pronunciaría na presentación desa revista ourensá tan popular coma espartana, tan galeguista coma heroica, que é “Nós, a xente do redor”.
Seguindo ó pé da letra o patrón dunha mañá inverniza típica do Ribeiro, o sol loitaba a eito, e con convencemento, por facerse notar entre........
© La Región
visit website