menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A camiñante solitaria

5 0
09.12.2023

Durante as primeiras horas do día, a muller adoita camiñar descalza polo xardín que arrodea a casa. Coma quen abre polo capítulo primeiro o seu Catón de costumes diarios, gústalle aproveita-lo intre exacto no que o sol, aínda tímido e vacilante ante a dúbida de amosarse ou non en toda a súa plenitude, semella busca-la seguridade da súa decisión mentres esculca moi polo miúdo o escenario no que, en calquera caso, tocaralle representa-la súa obra diaria cun maior ou menor éxito. Xa dende cativa, á Xoana fascináballe sentir nas plantas dos seus pés o frescor amábel do tapiz vexetal que, daquelas, os cubría por completo; adoraba nota-la lentura dun chan aínda mollado polas gotas rexas e testudas do resío que deixaba tras de si unha noite de principio da primavera no Ribeiro; ou ben, agradecía recibi-las cóxegas suaves e agarimosas das pequenas follas verdes, case erectas, que........

© La Región


Get it on Google Play