menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Unha próxima e antiga representación dos Reis Magos

12 0
10.01.2026

Coa festividade dos Reis Magos damos por concluído o Nadal. Cando estean a ler estas liñas xa pasaron cinco días da sixilosa visita das súa máxicas maxestades. Pero aínda a tempo pasado, non quixen desaproveitar unha oportunidade como esta para falarlles sobre un vestixio arqueolóxico romano situado na Ribeira Sacra luguesa, moi próximo de Ourense: o sartego de Temes, en Carballedo, Lugo. Nel está representada a escena da adoración dos Reis Magos.

A adoración tamén se denomina epifanía. Nela deus mesmo adoita presencia humana na forma de neno e dáse a coñecer ante os magos. Así o di o Novo Testamento, que histórica e culturalmente enmárcase na relixión e tradición xudía. Dende ese punto de vista os magos de Oriente son xentís, é dicir, infieis, non xudeus. Son sabios e magos que segundo escribe Jaime Delgado en 2008 sobre o relevo........

© La Región