Túmulos megalíticos e monumentalidade: algúns datos |
Hai máis de 6.000 anos as nosas paisaxes comezaron a poboarse de monumentos megalíticos, enterramentos erixidos sobre todo por xentes neolíticas que estenderon o modo de vida campesiño polo territorio. Edificaron dolmens, cámaras funerarias, para enterrar aos defuntos. Construídas con grandes lousas de pedra -de aí a palabra megálito-, están cubertas con un túmulo ou mámoa, unha morea de terra e pedras que sobresae na paisaxe, destacando nos terreos chairos nos que se edificaban.
Non poucas veces vemos que a palabra latina “monumentum” procede do verbo “moneo”, que poderiamos traducir como advertir a presencia, comunicar ou lembrar, perpetuando así a memoria dos antepasados
Os túmulos dotan aos megálitos de grandiosidade, por iso os denominamos monumentos. Entre os arqueólogos existe o acordo de consideralos máis que simples sepulturas, dado que aqueles primeiros........