Queimas prescritas

As queimas prescritas ou controladas no monte consisten na utilización guiada do lume para diversos fins, entre eles, eliminar a matogueira, o monte baixo. Dende cando se utilizan? Permítanme unha breve introdución. A finais da década de 1980 e inicios da de 1990, tras codirixir un proxecto de investigación en Lobios con Celso R. Cao e Manuel Xusto, un convenio do INEM co Concello de Muíños permitiume desenvolver un proxecto propio. En Muíños e arredores puiden catalogar, entre outros xacementos, numerosos monumentos megalíticos, que se sumaron aos coñecidos, sobre todo os publicados por Cuevillas e Xoaquín Lorenzo. Foi ademais a base doutra investigación máis ampla: o estudo do Megalitismo na Baixa Limia. Coa mirada posta nos agricultores neolíticos que ergueron os dolmens, lía entón estudos variados sobre as técnicas produtivas dos primeiros campesiños, para comparalas coas........

© La Región